Edreira
ITINERIA; Ida 11 quilometros. Non esquecerse que logo a volta e de outros
11 quilometros
TEMPO; 4 horas
DIFICULTADE; Baixa
MOI IMPORTANTE; A ruta non esta homologada pola Xunta e tampouco esta
señalizada.
A ruta comenzase na Ponte de Santa Cruz, na cola do embalse,
camiñando pola parte dereita do rio de Queixa. Logo de andar 5 quilometros
atopamonos ca Aldea de A Ferreira, pobo baleiro, aínda que nos derradeiros anos
tomado polos rabaños de gando e empregado como asentamento polos pastores.
Quedan manifestas sinais aínda na Ferreria de por qué se chama deste modo. Son
os vestixios dunha antiga e artesanal industria metalúrxica en plena serra, unha
ferrería, A Ferreria. Dende a Ferreria camiñamos 7 quilometros o caron do Rio da
Endreira e chegamos a A Edreira, que é un pobo baldeiro dende despois da Guerra
Civil española. Aquí residiu, que se saiba, unha so familia, a familia de
Francisco Galán. A Edreira foi queimada polo Réximen e Francisco Galán executado
como escarmento dos que daban cobixo e apoio ós fuxidos, que por aqueles anos
eran os donos do territorio. Ata chegar a Edreira levamos camiñando 11
quilometros, quedan outros once de volta.un saudo.