RUTA CASTELO DE CERVEIRA
CASTELO DE CERVEIRA, impresionante, merece a pena achegarse ao sitio. |
A ruta comenza en Forcadas, (Concello de Chandrexa de Queixa), logo dunha forte pendente de 3 quilometros, chegase a pista que une Manzaneda con Camba. Dende iste punto temos tres camiños; ao frente chegase ao Castelo de Cerveira, a esquerda a Manzaneda, e a dereita acabas topando Camba. Nos camiñamos de frente para ir a ver o Castelo.
Que sepade que aínda que camiñamos dende o Concello de Chandrexa de Queixa, o Castelo de Cerveira pertence ao Concello de Vilariño de Conso, non si.
Moi importante; A Ruta non esta señalizada. O ascenso ao Monte Seixo é; dificil, por non existir camiños que indique a subida. Unha vez no alto da serra a cousa é; facil de percorrer e sempre con unhas vistas espectaculais.
A ruta é de case 6 quilometros dende Forcadas ata o Castelo de Cerveira. e a duración ida e volta foi de 4 horas (12 km. en 4 horas)
E,.... que ver????? pois ver; o Castelelo de Cerveria e ver as espectacualais vista que nos ofrece o estar a 1.750 metros de altidude.
M.I.D.E.
Severidade do medio natural: 2 (Hai mais de un factor de risco)
Oriendación no itinerario; 3 (E necesario a identificación de accidentes xeograficos)
Dificultado no desprazamento; 3 (Fai falla as mans e saltos sobre o terreo no ascendo o Monte Seixo)
Cantidade de esforzo preciso; 3 (De 3 a 6 horas de marcha)
Si desexades ver o percorrido, perfil ou descargar a ruta, premede en:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4462550
FORCADAS, O caron do Monte Seixo |
JIMBO, observando o Castelo de Cerveira |
Subindo o Monte Seixo |
Embalse de Chandrexa de Queixa |
Camiñando polo alto do Seixo |
Camiño empedrado para subir a cima do Seixo |
No fondo o Castelo de Cerveira |
O baixar do Monte Seixo, atopamonos con moita xente.... |