domingo, 22 de agosto de 2010

RUTA PISTA DO MARROQUI


INICIO/FIN; A ruta coamenza un quilometros antes de Chegar a Touro-logo seguir ata Correchouso e volta ata Touro.

LONXITUDE; 20 quilometros ida e volta
DIFICULTADE; Baixa

Este camiño foi construido para dar servizo á construcción da liña de ferrocarril. Existen decenas de túneles. O camiño discurre case totalmente sen desnivel. Podermos facer altos na ruta para observar a magnitude de erosión porducda polo rio. Tras uns 4 quilometros chegaremos a unhas casas medio derruidas. No seu día foron usadas polos empregados de Renfe. Daranos cobixo en caso de mal tempo.
Correchouse é unha aldea con impresionantes castiñeiros.

Agradecemento a http://www.laza.info/, onde coñecemos a ruta  e recollemos o comentario exposto eiqui e tamen agradecerlle ó Dopa por animarnos a facer esta ruta. Un saudo a todos/as.




Touro
Castñeiros en Correchouso
Correchouso
"Jimbo"

RUTA DE POMBAR - REBORDONDO

INICIO/FIN: Sto Estevo
LONXITUDE; 16 quilometros
DURACION APROXIMADA; 6 horas
DIFICULTADE; media/alta
O roteiro iniciase na praza de Sto. Esteveo preto do mosteiro. Recomendase ademáis de visitar o mosteiro, visitala fraga que redoa ao mosteiro.
Saímos de Sto. Esteveo polo sendseiro a media ladeira do canón que conduce a Paradela. Dende Paradelo nos diriximos a Viduedo, donde podemos desviarnos cara a necrópole megalítica de As Cabanas. Logo diriximonos ata a serra de Rebordondo, pasando o carón das aldeas de Cousos (abandoada) e Cortecadela. Despois de anad unhos 5 quilometros podemos ver dous túmulos megalítcos (mamoas) asi como unha variada fauna salvaxe (corzos)(cabalos). Logo de andar entre o parque eolico, chegamos a Pombar e voltamos a Sto Esteve, non esquecendo de ver o xacemento da Idade do Ferro , este xacemento está escavado e sinalizado. Despois de Chegar a Sto. Estevo podemos facer unha visita a un sequeiro restaruo a un quilometro. Un saudo.
Mosteiro de Sto Estevo