domingo, 7 de noviembre de 2010

RUTA A FERREIRA - A EDREIRA




Volvo  ser eu,  "Jimbo" e vou  ladrar  a ruta que fixen este sábado. Esta ruta xa a teño feito varias veces.  Fixémola porque dúas persoas tiña interes en facela:  unha é de Piedras Blancas e a otra é de Baños de Molgas e ambaladuas viven en Madrid..

A ruta non  vou a explicala porque xa o fixen en outras ocasións e ademaís estou farto de que o meo amo me leve dende A Ferreira ata  A Edreira. Pero a pesar disto, é unha ruta que me "gusta moito, moito" entón  só con ver as fotos xa podedes imaxinar como é. Entre Bidueiros, Castiñeiros, Carballos e Acivros. Entre os cores  destas árbores... que se, o vermello, o amarelo, o marrón, o verde, e o  dourardo. E entre o Río da Edreira e o Río de Queixa, a ruta e unha, ¡¡unha marabilla¡¡. É longa si, é de 22 quilometros, pero merece a pena facelos.

Outra cousa:
¡¡Estou moi cabreado¡¡. ¡¡Non me levaron o bocadillo de salchichas que tanto me gusta cando vou de andador¡¡. Seica se  esqueceron, dixeron os tres que me levaron. A vos, seméllavos  bonito que se pode facer unha andaina de 21,5 quilometros e non levar nada á bocar??? E non só foi isto. Seméllavos ben que unha vez terminada a andaina estes foron  comer a "Casa Elvira" de Montederramo e non me levaran???. ¡¡Deixaronme pechado no coche, como se fora un can abandonado e  esfamiado¡¡. E para maís..., ¡¡aínda comentaban que estaban moi boas as costeletas¡¡. ¡¡Madre que os fixo¡¡¡ por non dicir outra cousa....

Nesta ruta só tiven unha alegría. Sabes cal?? ¡¡¡¡Coñecin ao can "Bonzo". Sempre tiven ganas de coñecelo. Un saudo Bonzo.







































Bonzo mais eu, Jimbo.