domingo, 6 de febrero de 2011

RUTA A SILLA DA RAIÑA














A SILLA DA RAIÑA  
INICIO; No alto da Serra de San Mamede. Xunto a Capela
FIN; No alto da Serra de San Mamede. Xunto a Capela
PERCORRIDO; Son 18 quilometros, ida e volta
GRAO DE DIFICULTADE; Media.
DURACION; 4 horas.


Indicar que esta ruta non está homologada, non esta sinalizada, polo que se recomenda ser prudente.

A Andaina empezámola no alto da Serra de San Mamede, ó carón da Capela. Dende eiqui camiñamos polo alto da Serra camiño de Correchouso e sempre vendo a aldea de Rebordechao á dereita. Logo de percorrer 7 quilometros, e o chegar o desvío cara a Edreira, collemos o camiño da nosa dereita e seguimos camiñando ata chegar o seguinte desvío. O seguinte desvío é; ou seguir a Correchouso ou desviarnos á esquerda e subir a SILLA DA RAÍÑA, que dende este punto podémola atopar a 700 metros cun desnivel de 200 metros.

Dende logo se chegades á SILLA DA RAÍÑA, tendes que sentarvos e "ver", "mirar" o que tendes á esquerda, de fronte e á dereita.


OBSERVACIÓNS;

Para ir á Serra de San Mamede dende Ourense, compre ir ata Baños de Molgas, dende eiqui dirixímonos  Ós Milagres e logo dirección a Arnuide. Dende Arnuide sóbese ata "As Corcerizas" (é un alberque que antes se chamaba "O Caudillo") E dende As Corcerizas e a 5 quilometros encóntrase a Capela que está no Alto da Serra de San Mamede.

Ter en conta que dende "As Corcerizas" ata o alto da Serra de San Mamede compre ou ir a pé, ou nun vehículo todo terreo.

Un saúdo a todos/@s


Ruta dende a Serra de San Mamede, ata a Silla da Raiña. 18 km ida e volta



A Ruta comenza na Capela de San Mamede


A SILLA DA RAIÑA



E A SILLA DA RAIÑA; 18 QUILOMETROS DENDE A SERRA DE SAN MAMEDE IDA E VOLTA
      


























Isto é a SERRA DE SAN MAMEDE

Esta é a Capela no Alto da Serra de San Mamede. Dende eiqui empezamos a camiñata.







Ainda quedaba neve no camiño