miércoles, 20 de octubre de 2010

RUTA DE CINCO CONCELLOS; CHANDREXA DE QUEIXA - MONTEDERRAMO - MACEDA - VILAR DE BARRIO - LAZA

Antes de nada, agradecer a Ana Méndez Trabado (encargada da Oficina de Turismo do Concello de Montederramo, a Antonio Rodríguez Álvarez (Alcalde de Montederramo), e a Cuadrilla do Land Rover, que foron os que me sacaron do apura en que me metin por ser un andadeiro imprudente. . Espero ser mais prudente a partir de agora.Un saudo.


Esta ruta que eu lle chamo a ruta dos CINCO CONCELLOS, é porque pasa por; Chandrexa de Queixa, Montederramo, Maceda, Vilar de Barrio, e Laza.

Ten un grao de dificultade MEDIO ALTA
O percorrido feito foi de 28 quilómetos.

Comenza na ponte do Embalse de Chandrexa de Queixa. Dende eiquí camiñamos á  beira do Rio de Queixa ata chegar A Ferreria, aldea abandonada, aínda que nos derradeiros anos tomado polos rebaños de gando e empregado como asentamaento polos pastores, tamen no seu dia dedicouse a iso, a ferreria. Logo ascendemos dirección a O Teixedo outra aldea abandoada o carón das augas do regato de Torneiros que baixa de terras de Montederramo. Seguimos ata a Serra de San Mamede, pasando polo bidueiral de Montederramo. Unha vez no alto da Serra vemos Rebordechao á dereita, e camiñamos para chegar a Edreira, outra aldea baleira que no seu dia seica foi refuxo de fuxidos. Eiqui residio a familia de Fco Galán quimada polo Réxime e el mesmo execudado como escarmento dos que daban acobillo aos fuxidos.Unha vaez que se chega a  Edreira so hai que seguir o curso do Rio Edreira para chegar a Ferreira, e logo  seguir o curso do Rio de Queixa para chegar o incio da ruta. Un saúdo.

Foi intención facer a ruta dende Chandrexa de Queixa, A Ferreira, O Teixedo, O Biduerial de Montederramo, A Corceriza, antes O Caudillo,  Serra de San Mamede, A Edreira, a Ferreira e Chandrexa de Queixa. Como dixen anteriormente entre a Serra de S. Mamede e a Edreira metinme por unha devasa  que me levou ata unha pendente con moita vexetación da cal me custou moito  saír, polo que foi imposible chegar a Edreira. Para outra vez sera.




Esta ruta segun esta marcada é de 28 quilometros


A zona marcada en vermello e moi perigoso

O Can non puido coa vaquiña


O Rio de Queixa




O Rio de Queixa



A Ferreria




O Regato de Torneiros



O Teixido, aldea baleira







No alto da Serra de S. Mamede. Ala o fondo; Rebordechao




6 comentarios:

  1. menuda pendiente tiene la montaña por donde te metiste!
    muy chulas las fotos! :D

    ResponderEliminar
  2. Si me dejaras tu camara, maravillosa, seguro que me saldrian fotos mucho mas chulas.

    ResponderEliminar
  3. Menuda ruta!
    La verdad es que aquí los caminos se cierran enseguida, recuerdo yo de una ruta que en bici queriendo abrir una ruta en la que terminé llevándola sobre la cabeza entre xestas y toxos mas altos que yo.

    me alegro que todo terminara bien.

    un saludo!

    ResponderEliminar
  4. Fico contente que tudo tenha terminado bem.
    Bonita ruta!
    Un saudo
    Zé Moreira

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias, Moreiras. un saudo.

    ResponderEliminar
  6. Monolo; Gracias por el comenario. un saludo.

    ResponderEliminar